Mai
14
2012
0

ACTIVIDADES MAIO 2012

O mércores día 2 de maio tivo lugar a última xuntanza mensual do Banco de Tempo. Como de costume, aproveitouse a ocasión para a presentación de novos/as socios/as e para decidir as actividades a desenvolver ao longo do mes de maio.

Por un lado, falouse da invitación recibida dende o Banco de Tempo de Ourense para participar nas II XORNADAS MUNICIPAIS DOS BANCOS DE TEMPO, que se celebrarán en Ourense os días 24 e 25 de maio, baixo o lema: «Usos dos tempos e medidas de conciliación: harmónicos ou invisíbeis?». Ademais da representación do Banco de Tempo de Monforte nun Panel de Experiencias, anímase á cidadanía en xeral e particularmente aos asociados/as aos diferentes Bancos de Tempo, a participar nas actividades variadas (diferentes obradoiros, troco na rúa, etc) que se desenvolverán durante os dous días que duran as xornadas. As persoas interesadas en participar deberán cubrir un boletín de inscrición e entregalo nas Oficinas do CIM, antes do día 23 de maio. Para máis información: Tríptico Xornadas.

Por outro lado aproveitouse a reunión de socios/as para notificar o ingreso en conta do diñeiro correspondente aos accésits pola participación na celebración dos compadres e comadres. Acordouse entre as participantes desa actividade organizar unha cea con ese diñeiro. Posibles datas:  26 de maio, 9 ou 16 de xuño.

Por último, propúxose como actividade de cara ao bo tempo facer unha pequena excursión ou roteiro pola ribeira do Sil a primeira fin de semana do mes de xuño, quedando aberta a súa realización para o sábado día 2 ou o domingo día 3, en función da dispoñibilidade dos/as participantes. As persoas interesadas, asociadas ao Banco de Tempo, poden informarse nas Oficinas do CIM ou chamando ao número de teléfono 982 416 350.

Ademais, aquelas persoas interesadas en facer intercambios xa poden consultar o catálogo actualizado do mes de maio pinchando aquí: CATÁLOGO SERVIZOS MAIO 2012.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Written by Banco de Tempo in: Banco de Tempo |
Abr
30
2012
0

XUNTANZA DO MES DE MAIO

O próximo mércores, día 2 de maio, terá lugar a xuntanza mensual do Banco de Tempo.

Aproveitaremos a ocasión para falar das actividades e intercambios realizados durante o último mes, informaremos de novas relacionadas co Banco de Tempo e recolleremos todas as propostas que queirades aportar.

Como sempre, será ás 16:30 horas na Sala de Xuntas do Concello de Monforte de Lemos. Animádevos a asistir!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Written by Banco de Tempo in: Banco de Tempo |
Abr
26
2012
2

«CATA DE VIÑOS»

Segundo o acordado na última xuntanza mensual do Banco de Tempo, este mes levouse a cabo un Intercambio de Tempo Colectivo adicado á Cata de Viños.

Debido ás características deste intercambio, foi necesario dividir aos participantes en dous grupos de seis persoas, sendo un total de 12 persoas asociadas ao Banco de Tempo as que desfrutaron do mesmo. Unha socia, experta catadora e sumiller de profesión, foi a encargada de explicarlle ao resto de participantes os segredos da súa profesión e como facer correctamente unha cata con viños cedidos e elaborados na casa de diferentes maneiras por outras socias (algún é de produción ecolóxica).

As datas acordadas para a realización dos intercambios foron o mércores, día 11 de abril, e o pasado luns, día 23. En ambos casos, fixéronse nas Oficinas do Centro de Información á Muller (CIM).

Este intercambio, veu a demostrar, igual que os que se foron realizando dende que comezou o ano, que non fai falla o diñeiro para aprender cousas novas, pasar o tempo e resolver necesidades.

 

 

 

 

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Written by Banco de Tempo in: Actividades |
Olark Livehelp

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes