O Banco de Tempo de Monforte de Lemos!
Lista de ligazóns
Inicio
O Concello
BANCO DE TEMPO
ACTIVIDADES
Excursión aos Ancares
Obradoiro de Mobles de Cartón
Banco de tempo? Descúbreo
Contacto
Dúbidas de acceso
Anotacións recentes
DÍA 8 DE MARZO -” DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”. As/os usuarias/os do Banco de Tempo imos participar nas actividades organizadas polo CIM co motivo deste día. Durante todo o mes mes de marzo asistiremos as diferentes actividades: Exposicións, cea confraternidade, obra teatral, xornadas de saúde… Podedes ver todalas actividades e datas no díptico adxunto. Animadevos.
PARTICIPAMOS NO ROTEIRO CEREIXA-MONFORTE E NA MERENDA CEA POR HAITÍ. As/os socias/os do Banco de Tempo imos participar o día 17 de febreiro de 2010 no roteiro Cereixa-Monforte que se realizará co motivo do recoñecemento oficial do camiño de inverno. Sairemos as 15:45 horas dende os Escolapios en autobús ata Cereixa e dende alí viremos camiñando ata Monforte.Tamén ese mesmo día, o remate do roteiro, parciciparemos na merenda-cea que terá lugar no restaurante D.Manuel, co motivo de recaudar fondos para o pobo de Haití . A merenda será realizada por inmigrantes que de forma voluntaria presentarannos as comidas típicas dos seus países, así como, empanadas, larpeiras… donadas por hostaleiros de Monforte. O coste da merenda será de 5 € e haberá que mercar as entradas nos seguintes establecementos: CCU, Cempés, Tapería Centro do Viño e Arenal. Animádevos e participar.
RISOTERAPIA.As/os socias/os do Banco de Tempo están a disfrutar dun obradoiro de Risoterapia que se realiza en 3 sesións de hora e media os días 22 e 29 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2010.Gran éxito de participación nas xornadas da risa.
OBRADOIRO CENTROS DE NADAL.O 21 de decembro de 2009 celebramos na Casa da Cultura de Monforte de Lemos un Obradoiro de Centros de Nadal. As/os participantes acudiron cos materiais necesarios para realizar a actividade. O resultado a vista de fotografía.
PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES DO “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO”
Categorías
Actividades
(6)
Banco de Tempo
(10)
Noticias
(5)
O tempo corre! Sácalle xugo.
26 outubro 2009
BALNEARIO AUGAS SANTAS. 25 de outubro de 2009. O balneario Augas Santas está situado no Concello de Ferreira de Pantón, a 10 kilómetros do noso Concello. Conta con augas sulfuradas, bicarbonatadas sódicas e fluoradas que emanan a 16º c. e a 24.5º c. As/os usuarias/os do Banco de Tempo do Concello de Monforte achegámonos ata o mesmo para pasar xuntas/os a tarde do domingo. Tivemos a oportunidade de relaxarnos nas augas mineromedicinais do circuito acuático, composto por piscinas termais con diferentes tipos de chorros, cascadas, cuellos cisne, jacuzzi, piscina de contraste e piscina exterior. O remate da sesión disfrutamos todas/os dunha estupenda merenda.
Arquivado en:
Banco de Tempo
— bancodetempo @ 15:04
Comentarios (0)
6 outubro 2009
XUNTANZA DO BANCO DE TEMPO: Despois das vacacións mañá mercores día 7 de outubro ás 3:30 H. na Casa do Concello volvemos retomar o contacto cos/as socios/as para deseñar as actividades do terceiro trimestre. Esperamos a vosa asistencia.
Arquivado en:
Banco de Tempo
— bancodetempo @ 13:47
Comentarios (0)
funcionando en
WordPress
Estilo visual de
Darjan Panic
&
Brian Green